A Consellería de Educación impulsará a mellora integral do CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo, cun investimento aproximado de un millón de euros. A actuación do goberno galego xa está en marcha, co proceso de contratación da redacción do proxecto.
Así llo comunico o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, á alcaldesa, Mónica Rodríguez, nunha reunión de traballo mantida nas dependencias da consellería, na que tamén participou o secretario xeral técnico, Manuel Vila.
O proxecto incluirá actuacións de mellora nas cubertas, as ventás e a envolvente do edificio.Entre finais de ano e comezos de 2027 quedará o trámite listo para a licitación da mellora, que se inclúe no Plan de nova arquitectura pedagóxica de Galicia.






