Nove propostas escénicas pasarán polo Auditorio de Vimianzo este outono

O Auditorio de Vimianzo acollerá entre setembro e novembro nove espectáculos de teatro, danza, humor, artes vivas e creación contemporánea, cun programa que inclúe propostas relacionadas coa memoria, a igualdade, a identidade e a participación comunitaria.

A programación comezará o 26 de setembro con Mofa e Befa: Os Dous de Sempre, de Producións Teatrais Excéntricas, protagonizada por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. O 3 de outubro será a quenda de Suksen, de Jandross Rodríguez, unha peza de danza vinculada á tradición de velar e ao duelo.

O 7 de outubro, Os fíos da memoria, de aAntena Teatro, levará ao escenario unha creación realizada coas mulleres palilleiras de Camariñas e Vimianzo. A proposta incorpora entrevistas realizadas en Vimianzo e aborda a historia do encaixe e a transmisión deste saber.

O calendario continuará o 10 de outubro con Artur Ui, o ovo da serpe, de Talía Teatro, sobre os mecanismos do poder e o autoritarismo, e o 23 de outubro con Less Dragqueens and More Chunorris!, de Aló Produccións, centrada nas masculinidades.

O 30 de outubro, Tartean Teatroa presentará ¿Dónde están los niños?, dentro de Escena Norte, mentres que o 31 de outubro Raquel Nogueira representará A historia vaxenial, incluída no FEM 2026.

O Grupo Chévere levará o 14 de novembro ICTUS. Anatomía de ‘A derradeira leición’ de Castelao, unha proposta de teatro documental sobre memoria democrática. O programa rematará o 21 de novembro con Alta costura, de Elefante Elegante, sobre o consumo e a industria da moda.

Todas as funcións serán ás 20:30 horas. A entrada xeral custará 5 euros e a reducida, 2,50 euros. Suksen terá acceso gratuíto ata completar aforo.

Esta semana

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

Vimindie: Vimianzo acolle o primeiro festival de autoedición da Costa da Morte

A Casa da Cultura de Vimianzo converterase do 29...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

En corto

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso