#eleccions29N. O Bloque Nacionalista Galego celebrará este domingo un acto político coa participación das candidatas Rosana Pérez e Ana Pasantes, “número 2 “ e “número 8” da candidatura do BNG pola provincia da Coruña.
Horario do mitin do BNG en Camariñas
O mitin do BNG será este domingo 15 de novembro, ás 18:00 horas na Casa de Pedra de Camariñas.
Presentará o acto o portavoz municipal do BNG de Camariñas, Xurxo Rodríguez. Xunto coa candidata e mariscadora de Camariñas, Ana Pasantes, e coa candidata e actual deputada autonómica Rosana Pérez tamén intervirá o parlamentario Oscar Insua.






