José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira presentaron o libro «Historia de Muxía e Moraime. Apuntamentos» nun acto desenvolvido no Parador de Turismo da Costa da Morte, en Muxía.
Os autores estiveron acompañados polo alcalde de Muxía, Javier Sar, polo director do Parador, Julio Castro Marcote e por Mercé Barrientos, como representante da asociacion Xervasio Paz Lestón.
«Historia de Muxía e Moraime»
«Historia de Muxía e Moraime» é o resultado a décadas de investigación en fontes de documentación primarias e distintos arquivos.
Houbo tamén unha importante representación veciñal e social coa presenza do deputado Oscar Insua e da candidata nacionalista, Ana Pasantes, entre outros.
A edición do libro foi posible grazas á colaboración entre a Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, a Asociación Cultural Xervasio Paz Lestón e o Parador Costa da Morte.







