O PP acusa ao Goberno de Camariñas de «descontrol financeiro»

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Camariñas alertou, a través da súa voceira, Paula Mouzo Mas, do que cualificou como «grave descontrol financeiro» nas arcas locais e criticou o «absoluto abandono» no que, segundo os populares, se atopan as parroquias do municipio.

Fixeron estas declaracións con motivo da aprobación da Conta Xeral correspondente ao exercicio 2025, no marco do pleno municipal celebrado onte. Os populares sinalaron que o resultado orzamentario reflicte un descenso de 850.000 euros respecto a 2024 e cualificaron de «triunfalista» a valoración feita polo Goberno Local sobre a situación económica municipal.

«O que de verdade asusta é o desaforro neto, que pasou de 958.000 euros en 2023 ao 1,7 millóns deste ano», declarou Mouzo, quen sinalou que este dato implica que o Goberno Local gasta máis do que ingresa.

30% das adxudicacións «a dedo»

O PP denunciou ademais que o 30% das adxudicacións dun orzamento de case 7 millóns de euros se realizan «a dedo», o que, segundo o grupo municipal, evidencia un proceder «sen transparencia» que ten xerado reparos continuados por parte da intervención municipal.

Na mesma sesión, os populares votaron a favor da solicitude para que as Festas do Carme de Camariñas sexan declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia, e reclamaron ao Goberno Local un maior nivel de implicación de cara a esta celebración.

«Non podemos permitir que durante as festas as rúas se convertan en orinais públicos. É necesario que o Goberno Local poña en marcha un servizo de limpeza, a colocación de baños e unha maior presenza de policía durante eses días», reclamou Mouzo.

Varias peticións do PP

No pleno, a portavoz popular trasladou deficiencias na capital municipal de Camariñas, falta de seguridade viaria no Riás e Fonte Barreira, abandono da estrada de Santa Mariña a Arou e Lobeiras e do lavadoiro de Tasaraño(Xaviña) e outras peticións en Arou, Camelle e en Ponte do Porto. Os populares tamén demandan a creación dun Punto Limpo Municipal.

Esta semana

Unanimidade para pedir a declaración de Interese Turístico para o “Carme de Camariñas”

A corporación municipal de Camariñas acordou por unanimidade a...

O PSdeG alerta da perda de recursos pola repotenciación dos parques eólicos

A deputada socialista Patricia Iglesias, mantivo unha xuntanza coa...

Iago Toba denuncia unha agresión no Santuario da Barca

O portavoz do PSOE en Muxía, Iago Toba Campaña,...

Renovación do alumeado en Ponte do Porto

O Concello de Camariñas mellorará a eficiencia enerxética do...

Obras nun dos accesos ao Cemiterio dos Ingleses

O Concello de Camariñas vén de iniciar as obras...

En corto

O BNG pide equiparar as condicións das traballadoras do SAF en Muxía

O BNG no Concello de Muxía rexistrou unha moción...

Romina Soneira e Yulisa López toman posesión como concelleiras en Camariñas

Romina Soneira Bermúdez e Yulisa López Canosa tomaron posesión...

Nove propostas escénicas pasarán polo Auditorio de Vimianzo este outono

O Auditorio de Vimianzo acollerá entre setembro e novembro...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso