O BNG de Vimianzo trasladou á alcaldesa, Mónica Rodríguez, unha serie de propostas de investimento para a súa inclusión nos orzamentos municipais de 2027, durante a reunión mantida este xoves entre a rexedora e os portavoces dos grupos políticos da corporación municipal.
Segundo un comunidado difundido polo BNG entre as actuacións propostas, insistiron “na necesidade de dotar de beirarrúas e saneamento os lugares do Campo e Bamiro, así como de ampliar a rede de saneamento na parroquia de Serramo”.
No apartado de infraestruturas viarias, o BNG reclamou o arranxo da estrada que comunica A Areosa con Reboredo, cuxo estado de deterioración fai necesaria unha intervención, así como a mellora da ponte de Quitiande, na parroquia de Serramo.
Execución de investimentos xa aprobados
O grupo municipal do BNG, integrado por Benxamín Queiro e Roque Cernadas, pide que se impulsen “os investimentos que xa figuraban en exercicios anteriores e que continúan pendentes de execución” como e o caso da reforma da praza de Berdoias e o saneamento na Devesa.






