O BNG de Muxía reclama paneis informativos e melloras na sinalización dos lugares

O BNG de Muxía presentou dúas mocións para o seu debate no próximo pleno municipal nas que reclama ao goberno local a instalación de paneis informativos nos núcleos rurais e un plan de mellora e mantemento da sinalización toponímica do municipio.

A portavoz municipal da formación nacionalista, Mercé Barrientos, denunciou o deterioro de numerosos indicadores dos lugares, algúns deles ilexibles, tirados ou cubertos pola vexetación, e solicitou a súa reparación ou substitución.

O BNG propón que o Concello elabore un inventario da sinalización existente nas estradas e camiños municipais para identificar as deficiencias, instalar novos indicadores onde sexan necesarios e corrixir as denominacións que non se axusten ao Nomenclátor de Galicia actualizado.

Tamén solicita que se trasladen ás administracións titulares das estradas provinciais e autonómicas as necesidades detectadas para promover actuacións coordinadas.

Paneis informativos nos núcleos rurais

A segunda iniciativa reclama un estudo das necesidades de paneis informativos nos diferentes núcleos de poboación, co obxectivo de habilitar espazos visibles e accesibles nos que a veciñanza poida colocar comunicacións de interese xeral, avisos municipais, convocatorias e necrolóxicas.

Barrientos advertiu de que «a veciñanza non dispón lugares para difundir comunicacións importantes para a comunidade, e acaba situándoas en postes da luz, contedores ou pés de cabazo».

A portavoz nacionalista tamén sinalou que a crecente utilización das redes sociais para difundir información deixa fóra unha parte da poboación, especialmente as persoas maiores que non empregan estas ferramentas.

Por este motivo, o BNG solicita que se establezan normas de utilización e mantemento dos paneis e que se habiliten as partidas económicas necesarias para executar a iniciativa.

En relación coa sinalización toponímica, Barrientos insistiu en que «é necesario o arranxo dos indicadores toponímicos que están en mal estado, xa que no municipio hai moitos que se atopan ilexibles, tirados ou cubertos pola broza».

A formación considera que unha sinalización adecuada resulta necesaria para facilitar a mobilidade, a identificación dos núcleos rurais e o acceso das persoas visitantes.

Esta semana

Propostas do BNG de Vimianzo para os orzamentos de 2027

O BNG de Vimianzo trasladou á alcaldesa, Mónica Rodríguez,...

Mitin do BNG en Camariñas con Rosana Perez, Ana Pasantes e Oscar Insua

#eleccions29N. O Bloque Nacionalista Galego celebrará este domingo un...

Camariñas difunde “consellos para previr estafas na porta da casa”

O concello de Camariñas difundiron, a través das redes...

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

En corto

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso