Iago Toba denuncia unha agresión no Santuario da Barca

O portavoz do PSOE en Muxía, Iago Toba Campaña, presentou unha denuncia por unha presunta agresión física sufrida no interior do Santuario da Barca. Segundo relatou o propio Toba, os feitos foron cometidos por persoas que, na súa opinión, «levan anos violentándome a min e ao meu entorno político e persoal».O ex-alcalde afirma contar con «múltiples testigos e probas contundentes» para respaldar a súa versión, e sinala que as cámaras instaladas no santuario recolleron imaxes do sucedido.

Toba ofreceu a súa versión dos feitos tras a publicación dunha información de La Voz de Galicia, que relataba que o ex-rexedor fora abofeteado por, presuntamente, proferir insultos contra unha veciña. O mesmo xornal indicaba que a outra parte implicada estuda tamén presentar denuncia polo ocorrido.

Ante esta versión, o portavoz socialista denunciou o que considera unha estratexia para desprestixialo: «Primeiro agreden e agora publícano a periodistas (sen dar a cara) para tentar manchar o meu nome e a miña imaxe política e persoal. Non o consentirei». Toba engadiu que os feitos están denunciados «dende o minuto cero» e que o caso xa está xudicializado, e amosouse confiado en poder demostrar a súa versión dos feitos.

Esta semana

Renovación do alumeado en Ponte do Porto

O Concello de Camariñas mellorará a eficiencia enerxética do...

Obras nun dos accesos ao Cemiterio dos Ingleses

O Concello de Camariñas vén de iniciar as obras...

O BNG pide equiparar as condicións das traballadoras do SAF en Muxía

O BNG no Concello de Muxía rexistrou unha moción...

Romina Soneira e Yulisa López toman posesión como concelleiras en Camariñas

Romina Soneira Bermúdez e Yulisa López Canosa tomaron posesión...

Nove propostas escénicas pasarán polo Auditorio de Vimianzo este outono

O Auditorio de Vimianzo acollerá entre setembro e novembro...

En corto

O PP acusa ao BNG de facer unha campaña «destrutiva» sobre o colexio O Areal

O Partido Popular (PP) de Camariñas respondeu ás críticas...

O Concello de Camariñas pide tranquilidade ás familias do CEIP O Areal

O Concello de Camariñas desmentiu as informacións difundidas, nunha...

Vimianzo estrea un mural dedicado ás pandereteiras

O Concello de Vimianzo estreou un novo mural de...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso