Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do Maior ao municipio, que se situará na antiga escola de Nemiña. A xestión correrá a cargo da entidade Colaxe, mentres que o Concello pon o local á súa disposición.

Un total de 25 prazas no municipio de Muxía

O novo servizo suma 10 prazas de atención a persoas maiores. Con elas, Muxía chegará a un total de 25 prazas de Casa do Maior.

Desde o Partido Popular de Muxía valoraron positivamente este noticia e agradeceron expresamente á Xunta e á conselleira de Política Social, Fabiola García, a súa implicación co concello e o seu compromiso co desenvolvemento de recursos de atención ás persoas maiores no rural. Os populares puxeron en valor a colaboración entre administracións nun municipio con importante dispersión territorial e elevada necesidade de servizos de proximidade.

Nos últimos dous anos, Muxía conseguiu dúas Casas do Maior que suman 15 novas prazas. O PP atribúe parte deste resultado á área de Política Social, de responsabilidade popular no goberno municipal, que facilitou a colaboración coa Xunta e coas entidades xestoras e achegou os espazos municipais necesarios. Neste sentido, recoñeceu o labor da concelleira da área, Sofía López.

«A Xunta cumpre con Muxía»

A Casa do Maior de Nemiña dá continuidade ao servizo posto en marcha en Senande, inaugurado o ano pasado. Para o PP, estes recursos favorecen a autonomía das persoas maiores, axudan á conciliación das familias e permiten que permanezan no seu contorno habitual. O partido reafirmou o seu compromiso de seguir atraendo recursos e reforzando os servizos sociais.

“Unha vez máis, a Xunta de Galicia cumpre con Muxía. Pero tamén hai un traballo municipal detrás destes resultados: xestionar, colaborar e poñer os medios necesarios para que os proxectos se fagan realidade. En só dous anos conseguimos 15 novas prazas de Casa do Maior para o noso concello”, sinalaron.

Foto- Inauguración Casa do Maior de Senande

Esta semana

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

En corto

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso