O BNG leva aos tribunais ao portavoz do PSOE de Muxía

O BNG anunciou hoxe a presentación dunha demanda xudicial contra o portavoz municipal do PSOE de Muxía, iA Toba, polos seus reiterados ataques verbais e descualificacións contra a portavoz municipal do BNG no concello, Mercé Barrientos.

A secretaria da Área de Organización do BNG, Lucía López, denunciou que o comportamento do edil socialista «superou todos os límites» e advertiu de que a formación «non o vai consentir». Reclamou á dirección do PSOE que asuma responsabilidades ante a gravidade dos feitos e sinalou que os ataques teñen «unha clara dimensión machista», ao buscar «desacreditar, intimidar e expulsar as mulleres do espazo público mediante o insulto e a humillación».

López engadiu que non se trata dun feito illado, senón dun «comportamento reiterado» que considera «incompatible coa responsabilidade que debe asumir calquera representante público».

Reproches ao PSdeG-PSOE

Pola súa banda, Mercé Barrientos cualificou as expresións recibidas como «absolutamente inaceptables» e incompatibles co exercicio dun cargo público. «Non estamos aquí para recibir as agresións que veño soportando desde que son portavoz do BNG de Muxía», afirmou. A concelleira lamentou que as actas municipais non reflictan «as risas, os acenos agresivos, o ton de voz nin a reiteración constante dos insultos».

Barrientos mostrou a súa preocupación por que este tipo de condutas procedan «dun partido que se di progresista e feminista» e afirmou: «Non nos van expulsar da política. Imos seguir aquí e imos seguir apoiándonos».

O BNG mostrou o seu respaldo total á concelleira nacionalista.

Esta semana

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

En corto

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso