O BNG pídelle ao goberno local “que se poña a traballar en serio, porque Muxía non pode esperar máis”

O BNG de Muxía instou ao goberno local a acometer de maneira urxente a reparación de diversas infraestruturas e equipamentos municipais que, segundo denuncia a formación nacionalista, presentan un avanzado estado de deterioro en distintos puntos do concello.

Os nacionalistas sinalan que levan advertindo desta situación desde o inicio do actual mandato e reclaman ao executivo municipal que actúe para solucionar problemas que afectan a estradas, espazos públicos e servizos de uso habitual. Entre as deficiencias citadas figuran vías con fochancas, cunetas cubertas de broza, accesos ás praias en mal estado, fontes e lavadoiros sen arranxar, parques infantís deteriorados, mobiliario urbano danado e sinalización practicamente ilexible.

A portavoz municipal do BNG, Mercé Barrientos, trasladou estas preocupacións ao alcalde durante unha reunión recente. Segundo explicou a formación, o rexedor indicou que non poderá dispoñer dos fondos previstos no orzamento municipal de 2026 ata o vindeiro 19 de xuño, circunstancia que atribuíu ao atraso na execución de diversas actuacións e investimentos.


Barrientes pídelle ao goberno bipartito muxián “que se poña a traballar en serio, porque Muxía non pode esperar máis”.

Fotografías difundidas polo BNG de Muxía sobre o mal estado de infraestruturas municipais
Fotografías difundidas polo BNG de Muxía

Barrientos reclamou que, unha vez estean dispoñibles eses recursos, se destinen ás obras necesarias para mellorar as infraestruturas municipais. Con todo, considerou que existen actuacións de mantemento básico que poderían terse realizado sen necesidade de grandes investimentos. Neste sentido, afirmou que “xestións mínimas que non requiren de grandes inversións seguen sen ser acometidas mentres a deterioración e o abandono das parroquias continúan”.

Entre os exemplos expostos pola portavoz figura a marquesiña de Lourido, que continúa con cristais rotos desde hai anos. Segundo indicou, esta situación impediu que escolares e outros usuarios puidesen resgardarse da chuvia durante o inverno.

O BNG tamén denunciou a existencia de bancos sen ancoraxes ou retirados e non repostos, parques infantís con elementos enferruxados e indicadores deteriorados ou ilexibles. Barrientos asegurou que algúns destes elementos levan anos sen ser substituídos e apuntou que aínda permanecen paneis informativos de antigas obras nos que os importes aparecen expresados en pesetas.

Esta semana

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

En corto

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso