Vimianzo inicia os trámites para converter o Muíño de Mareas de Cereixo nun museo etnográfico

O Concello de Vimianzo solicitou á Xunta de Galicia a primeira concesión administrativa para ocupar unha parte do dominio público marítimo-terrestre (DPMT) co obxectivo de poñer en valor o muíño de mareas de Cereixo e destinalo a un novo uso como museo etnográfico.

Segundo recolle o acordo publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), o Servizo do Litoral da Coruña, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, deu inicio ao procedemento de información pública da solicitude presentada polo Goberno municipal. A documentación está dispoñible no portal de transparencia da Xunta e abrirase un prazo de 20 días hábiles para que persoas interesadas poidan presentar alegacións ou achegas.

A petición do Concello de Vimianzo contempla a ocupación dunha superficie de 201,55 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, na zona onde se sitúa o antigo muíño de Cereixo. O proxecto busca recuperar este elemento patrimonial mediante a súa rehabilitación e a súa transformación funcional en espazo museístico de carácter etnográfico.

Cómpre lembrar que esta actuación enmárcase no Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia.No conxunto de Galicia, este catálogo inclúe 2.003 bens, dos cales 1.041 pertencen ás categorías arquitectónica e industrial.

O muíño de mareas de Cereixo

O muíño de mareas de Cereixo, incluído neste catálogo no municipio de Vimianzo, é unha construción do século XVII de tipoloxía hidráulica produtiva, empregada historicamente para a moenda de cereais aproveitando a enerxía das mareas. Trátase dun exemplo representativo da actividade agroindustrial vinculada ao litoral galego.

O edificio conta con dúas plantas e cuberta a dúas augas. Aínda que o seu estado de conservación actual é deficiente, mantén elementos orixinais de especial interese, como as moas de moenda e as canles de entrada da auga, o que reforza o seu valor patrimonial e a súa idoneidade para unha intervención de recuperación orientada á divulgación cultural.

Esta semana

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

En corto

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso