O BNG reclama á Xunta a entrega dos títulos da parcelaria de Carnés e Cereixo

O BNG organizou unha charla informativa en Vimianzo coa veciñanza afectada polo atraso na finalización do proceso administrativo da concentración parcelaria de Carnés e Cereixo, un procedemento que debe concluír coa entrega dos títulos notariais definitivos ás persoas propietarias dos terreos.

O encontro celebrouse no local comunitario de Cures e Mouzo e reuniu preto dun cento de asistentes. No acto participaron o deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Óscar Insua, e o portavoz municipal da formación en Vimianzo, Benxamín Queiro.

Durante a reunión explicáronse as iniciativas parlamentarias promovidas para instar á Consellería do Medio Rural a acelerar a tramitación da concentración parcelaria. Antes da intervención de Insua proxectouse un vídeo sobre o traballo desenvolvido polo grupo parlamentario nacionalista neste asunto.

Xuntanza organizada polo BNG sobre a concentración parcelaria de Cereixo e Carnés

Entrega dos títulos definitivos da concentración de Carnés e Cereixo

A formación lembrou que o pasado mes de marzo, Oscar Ínsua preguntou no Parlamento polas previsións para aprobar a acta de reorganización da propiedade e proceder á entrega dos títulos notariais definitivos. Segundo indicou o BNG, a directora xeral de Desenvolvemento Rural sinalou daquela que a previsión é que o proceso remate no primeiro semestre de 2027.

Durante a súa intervención, Insua trasladou aos afectados que o BNG continuará traballando para que a Xunta «poña todos os medios posíbeis para finalizar o proceso canto antes» e asegurou que «existe un problema de falta de persoal para realizar os trámites que faltan».

Pola súa banda, Benxamín Queiro cualificou de «despropósito» o atraso acumulado na concentración parcelaria e afirmou que a formación seguirá apoiando á veciñanza para reclamar que a Xunta cumpra o novo prazo anunciado e complete a tramitación no primeiro semestre de 2027.

Esta semana

Mónica Rodríguez, una vecina más

La alcaldesa de Vimianzo y diputada provincial, Mónica Rodríguez...

Incendio forestal en Ponte do Porto con 0,15 hectáreas quemadas

Unas 0,15 hectáreas de monte arbolado ardieron en un...

Cinco ciclistas de Baikers do Vilán percorrerán 965 quilómetros entre Francia e Suíza

Cinco ciclistas do club PC Baikers do Vilán, de...

Cae en Muxía una red de narcotráfico: veinte detenidos y más de 1.500 kilos de cocaína

Veinte detenciones y más de 1.500 kilos de cocaína...

Elevan a «más de 20» las detenciones en la Operación antidroga de Muxía

El periódico digital Narcodiario eleva a “más 20 detenidos”...

En corto

Mónica Rodríguez, una vecina más

La alcaldesa de Vimianzo y diputada provincial, Mónica Rodríguez...

Incendio forestal en Ponte do Porto con 0,15 hectáreas quemadas

Unas 0,15 hectáreas de monte arbolado ardieron en un...

Elevan a «más de 20» las detenciones en la Operación antidroga de Muxía

El periódico digital Narcodiario eleva a “más 20 detenidos”...

Muxía ya cuenta con una cofradía dedicada a la Virxe da Barca

En Muxía se ha constituido la Confraría Nosa Señora...

A conselleira do Mar visitou Camelle

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou a localidade...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso