O BNG pide equiparar as condicións das traballadoras do SAF en Muxía

O BNG no Concello de Muxía rexistrou unha moción para o seu debate no vindeiro pleno da corporación local na que solicita que se inicie a equiparación das condicións salariais e laborais das traballadoras da empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) coas do persoal laboral do propio Concello que desenvolve as mesmas tarefas de asistencia.

A proposta, presentada pola portavoz nacionalista Mercé Barrientos, insta ao goberno local a estudar as medidas económicas, administrativas e contractuais necesarias para acadar a igualdade retributiva dentro do marco legal vixente. A iniciativa establece que este proceso debe manter en todo momento as condicións máis favorables que xa posúa o persoal da concesionaria.

Principio básico de xustiza laboral

«Non se trata unicamente de reclamar unha mellora económica, senón de defender un principio básico de xustiza laboral: a persoas que realizan un traballo de igual natureza e valor, coa mesma categoría profesional e dentro do mesmo servizo público, deben recoñecérselles unhas condicións laborais e retributivas equivalentes», declarou Mercé Barrientos. A portavoz engadiu que o rescate da concesión pode ser unha solución estrutural, pero a equiparación das condicións é unha necesidade inmediata.

Posible rescate e xestión directa do SAF

Xunto á mellora retributiva, o BNG solicita ao executivo municipal información sobre o estado do estudo económico e técnico sobre o posible rescate e a xestión directa do servizo. No caso de non ter rematado devandito informe, a moción pide a súa elaboración urxente, incluíndo a análise dos custos actuais, a viabilidade económica e administrativa, a estimación dos recursos humanos precisos e o impacto sobre o persoal.

Así mesmo, a iniciativa propón convocar unha xuntanza entre o equipo de goberno, a representación das traballadoras e a empresa para abordar as diferenzas existentes. A moción inclúe tamén a esixencia de incorporar cláusulas sociais nos vindeiros pregos de contratación e fixa un prazo de seis meses para dar conta ao pleno dos avances acadados.

Esta semana

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

Vimindie: Vimianzo acolle o primeiro festival de autoedición da Costa da Morte

A Casa da Cultura de Vimianzo converterase do 29...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

En corto

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso