Renovación do alumeado en Ponte do Porto

O Concello de Camariñas mellorará a eficiencia enerxética do núcleo poboacional de Ponte do Porto cun renovado alumeado público, nunha actuación financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia cun investimento de 30.976 euros.

A intervención busca mellorar a iluminación pública e reducir o consumo enerxético e as emisións de gases de efecto invernadoiro, ademais de optimizar a seguridade viaria. Tamén se pretende limitar a contaminación lumínica e reducir a luz intrusa ou molesta no núcleo.

Para acadar estes obxectivos, dotarase a instalación dun sistema de telexestión que permitirá controlar de forma centralizada tanto o acendido como o apagado do alumeado.

As actuacións incluirán a substitución das luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED, a adecuación da instalación e do cadro de mando de protección, así como a renovación das liñas de distribución que se atopen afectadas.

A obra está promovida polo Concello de Camariñas e conta co financiamento da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Esta semana

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

Vimindie: Vimianzo acolle o primeiro festival de autoedición da Costa da Morte

A Casa da Cultura de Vimianzo converterase do 29...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

En corto

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso