O muíño de mareas de Cereixo, primeiro ben do catálogo do litoral con cambio de uso

A Xunta de Galicia autorizou a concesión que permitirá transformar o muíño de mareas de Cereixo, en Vimianzo, nun museo etnográfico. Segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, trátase do primeiro cambio de uso dun dos elementos incluídos no Catálogo de bens de valor cultural no litoral.

Vázquez visitou hoxe o inmoble, acompañada pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez e sinalou que a autorización, publicada este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG), permite ocupar 201,55 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre e constitúe o primeiro paso para pór en valor este elemento patrimonial. Segundo informa a Consellería, o catálogo elaborouse para posibilitar o cambio de uso de edificacións litorais que perderon a súa función orixinal e evitar o abandono do patrimonio costeiro.

A conselleira afirmou que o catálogo supón un “salto cualitativo” na xestión do patrimonio cultural costeiro. Segundo os datos da Xunta, recolle 2.003 bens culturais, dos que máis da metade poderían ter novos usos. Todos están xeorreferenciados e documentados con información detallada e imaxes.

Vázquez indicou que o proxecto do muíño de Cereixo é un exemplo desa “segunda vida” que poden ter estes inmobles. Segundo a Xunta, a transformación permitirá conservar unha estrutura do século XVII e ofrecerá a veciños e visitantes un espazo sobre a historia e as tradicións ligadas ao mar e á vida costeira da comarca.

A Xunta enmarca a actuación nas accións emprendidas tras asumir as competencias na xestión do litoral, e sinala que está outorgando concesións paralizadas durante anos.

Paseo peonil en Cereixo

O DOG publica tamén a resolución pola que se outorga outra concesión en Vimianzo, para ocupar 1.120 metros cadrados no núcleo de Cereixo e recuperar o tránsito peonil nun lado da estrada DP-1603. A intervención conecta os paseos marítimo-fluviais da Ponte do Porto e Cereixo mediante pavimento de formigón impreso e zonas axardinadas.

Esta semana

O BNG de Camariñas pide melloras na Grixa, en Ponte do Porto

O BNG de Camariñas urxiu ao goberno municipal a...

Sandra Vilela: «Muxía segue viva tamén no outono»

O Concello de Muxía organizará unha nova edición do...

Un millón de euros para rehabilitar o CEIP San Vicenzo de Vimianzo

A Consellería de Educación impulsará a mellora integral do...

Camariñas inicia a ampliación do cemiterio municipal

O Concello inviste máis de 150.000 euros na construción...

O BNG esixe o arranxo da estrada principal de Camelle

Os nacionalistas advirten do risco para os peóns polo...

En corto

O BNG de Camariñas pide melloras na Grixa, en Ponte do Porto

O BNG de Camariñas urxiu ao goberno municipal a...

Sandra Vilela: «Muxía segue viva tamén no outono»

O Concello de Muxía organizará unha nova edición do...

Un millón de euros para rehabilitar o CEIP San Vicenzo de Vimianzo

A Consellería de Educación impulsará a mellora integral do...

Camariñas inicia a ampliación do cemiterio municipal

O Concello inviste máis de 150.000 euros na construción...

O BNG esixe o arranxo da estrada principal de Camelle

Os nacionalistas advirten do risco para os peóns polo...

O PP acusa ao Goberno de Camariñas de «descontrol financeiro»

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de...

Unanimidade para pedir a declaración de Interese Turístico para o “Carme de Camariñas”

A corporación municipal de Camariñas acordou por unanimidade a...

O PSdeG alerta da perda de recursos pola repotenciación dos parques eólicos

A deputada socialista Patricia Iglesias, mantivo unha xuntanza coa...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso