Rueda defende en Muxía unha xestión do litoral que compatibiliza actividade económica e conservación

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o primeiro ano de xestión autonómica plena do litoral permitiu combinar unha maior seguridade xurídica e impulso económico coa protección da costa galega.

Nun acto celebrado no Parador de Turismo de Muxía, no que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou que Galicia, como a comunidade con máis quilómetros de litoral, pode desenvolver actividade económica mantendo a conservación deste espazo.

Segundo explicou, a asunción desta competencia reforzou a estabilidade da cadea mar-industria ao facilitar a continuidade e modernización de instalacións como conserveiras, depuradoras, estaleiros e outras empresas vinculadas ao turismo e á hostalaría situadas na costa.

1.800 concesións e APP do Camiño do Litoral

O presidente tamén puxo o acento na simplificación administrativa impulsada pola Xunta, que permitiu resolver máis de 1.800 concesións e autorizacións mediante a dixitalización dos procedementos e a unificación de taxas. Así mesmo, destacou que este ano se autorizou por primeira vez a apertura continuada de máis de 900 servizos de tempada desde a Semana Santa ata o 31 de outubro, unha medida orientada a favorecer a actividade turística.

Durante o acto presentouse tamén a aplicación oficial e os elementos de sinalización do Camiño do Litoral, un itinerario de 1.300 quilómetros distribuídos en 52 etapas que unirá 78 concellos entre Ribadeo e A Guarda. A nova ruta, que entrará en servizo o próximo mes, busca poñer en valor o patrimonio, a paisaxe e a gastronomía da costa galega.

Para rematar, Rueda agradeceu o traballo desenvolvido durante este primeiro ano de autoxestión do litoral e apelou a continuar avanzando na mellora da xestión da costa galega.

Acompañaron Rueda, a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, a deputada autonómica, Paula Mouzo Mas e alcaldes da comarca, entre eles o anfitrión, o muxián Javier Sar.

Esta semana

Un millón de euros para rehabilitar o CEIP San Vicenzo de Vimianzo

A Consellería de Educación impulsará a mellora integral do...

Camariñas inicia a ampliación do cemiterio municipal

O Concello inviste máis de 150.000 euros na construción...

O BNG esixe o arranxo da estrada principal de Camelle

Os nacionalistas advirten do risco para os peóns polo...

O PP acusa ao Goberno de Camariñas de «descontrol financeiro»

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de...

Unanimidade para pedir a declaración de Interese Turístico para o “Carme de Camariñas”

A corporación municipal de Camariñas acordou por unanimidade a...

En corto

O PSdeG alerta da perda de recursos pola repotenciación dos parques eólicos

A deputada socialista Patricia Iglesias, mantivo unha xuntanza coa...

Iago Toba denuncia unha agresión no Santuario da Barca

O portavoz do PSOE en Muxía, Iago Toba Campaña,...

Renovación do alumeado en Ponte do Porto

O Concello de Camariñas mellorará a eficiencia enerxética do...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso