Ponte do Porto acolle unha andaina solidaria por ataxia de Friedreich

O Concello de Camariñas fixo un chamamento á participación na ‘Andaina por Ataxia de Friedreich’, unha marcha benéfica que se celebrará o domingo 27 de setembro co obxectivo de recadar fondos para axudar a custear as terapias do veciño Juan Pérez González.

A iniciativa, organizada pola asociación Con Ataxia Pero Sin Límites coa colaboración do Concello de Camariñas, desenvolverase baixo o lema «Camiñamos xuntos, chegamos máis lonxe». A saída está fixada ás 12.00 horas no paseo da Ponte do Porto e o percorrido discorrerá por todo o paseo ata a meta, situada no Carballo de Cereixo. Segundo a organización, trátase dunha ruta accesible e apta para todas as idades, pensada para participar en familia.

Para recadar os fondos destinados ás terapias, a organización puxo á venda camisetas solidarias cun prezo de sete euros. As persoas interesadas en inscribirse na andaina ou en adquirir a camiseta poden facelo no teléfono 697 828 580.

Desde o Concello animouse a veciñanza do municipio e de toda a Costa da Morte a sumarse á xornada, en apoio a unha causa que xa mobilizou a comarca en edicións anteriores.

A ataxia de Friedreich é unha enfermidade neurodexenerativa de orixe xenética e carácter raro que afecta á coordinación dos movementos e que require tratamento continuado, entre el, a fisioterapia e outras terapias de rehabilitación.

Esta semana

O muíño de mareas de Cereixo, primeiro ben do catálogo do litoral con cambio de uso

A Xunta de Galicia autorizou a concesión que permitirá...

O BNG de Camariñas pide melloras na Grixa, en Ponte do Porto

O BNG de Camariñas urxiu ao goberno municipal a...

Sandra Vilela: «Muxía segue viva tamén no outono»

O Concello de Muxía organizará unha nova edición do...

Un millón de euros para rehabilitar o CEIP San Vicenzo de Vimianzo

A Consellería de Educación impulsará a mellora integral do...

Camariñas inicia a ampliación do cemiterio municipal

O Concello inviste máis de 150.000 euros na construción...

En corto

O BNG esixe o arranxo da estrada principal de Camelle

Os nacionalistas advirten do risco para os peóns polo...

O PP acusa ao Goberno de Camariñas de «descontrol financeiro»

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de...

Unanimidade para pedir a declaración de Interese Turístico para o “Carme de Camariñas”

A corporación municipal de Camariñas acordou por unanimidade a...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso