«Ver como este goberno trata a imaxe de Muxía é absolutamente lamentable»

O grupo municipal socialista de Muxía denunciou este luns a situación do stand do Concello na Feira Internacional Semana Verde de Silleda, ao asegurar que permaneceu sen montar e baleiro de contido durante as dúas primeiras xornadas do certame, incluída a inauguración.

Segundo indica o PSdeG nun comunicado, esta circunstancia xerou malestar entre a organización e entre os visitantes que percorreron a feira, ao atoparse cun espazo reservado ao municipio sen material expositivo nin elementos de promoción turística.

Os socialistas sosteñen que, tras recibir advertencias por parte da organización, o espazo foi acondicionado posteriormente con varias láminas fotográficas e dúas nasas, unha actuación que consideran insuficiente para representar a oferta cultural, turística e patrimonial de Muxía.

Imaxe do Stand de Muxía na Semana Verde de Silleda 2026

A formación aproveitou para cuestionar a política de promoción turística do actual goberno local, encabezado por Javier Sar, e asegurou que a presenza do municipio en diferentes eventos sectoriais perdeu relevancia nos últimos anos.

O portavoz socialista, Iago Toba, afirmou que a situación vivida en Silleda supón un prexuízo para a imaxe do concello. “Ver como este goberno trata a imaxe de Muxía é absolutamente lamentable”, sinalou, ao tempo que defendeu a necesidade de reforzar a presenza promocional do municipio nos principais escaparates turísticos de Galicia.

O PSdeG reclamou explicacións ao executivo local polos feitos denunciados e tamén pola ausencia, segundo asegura, de representantes do goberno municipal durante os catro días de celebración da feira.

FOTO- PORTADA-Iago Toba en Radio Xallas – Arquivo

Esta semana

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

En corto

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso