Vimiverán 2026 incorpora a eclipse solar total como eixo educativo

O Concello de Vimianzo presentou o Vimiverán 2026, o programa municipal de conciliación dirixido á infancia, que se desenvolverá durante os meses de verán cunha ampla oferta de actividades educativas, deportivas, culturais e de lecer.

O prazo de preinscrición estará aberto do 8 ao 12 de xuño. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou de forma presencial na Casa da Cultura. O sorteo público de prazas celebrarase o 15 de xuño ás 12.00 horas. A formalización de matrículas e o pagamento das taxas realizaranse entre o 15 e o 17 de xuño para a primeira quenda, e entre o 15 e o 22 de xuño para o resto de actividades.

A principal novidade desta edición será a incorporación da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 como eixo educativo transversal de todo o programa. As crianzas participantes achegaranse a este fenómeno astronómico a través de actividades adaptadas ás súas idades.

O programa incluirá un protocolo específico de observación segura da eclipse, obradoiros de construción de proxectores estenopeicos, xogos e actividades de divulgación científica para explicar como se produce este fenómeno e a importancia de observalo con seguridade.

A proposta busca converter a eclipse nunha experiencia de aprendizaxe compartida, fomentando a curiosidade científica e o interese pola observación do ceo.

A oferta complétase con programas xa consolidados como VimiAstronomía, VimiDeporte, VimiCheff e VimiInformática, ademais de VimiAsalto, unha actividade inspirada no Asalto ao Castelo, festa de interese turístico do municipio.

Tamén destaca VimiAventuras nas Parroquias, unha iniciativa que achega as actividades de conciliación ás distintas zonas do concello, facilitando o acceso das familias do rural e garantindo igualdade de oportunidades en todo o territorio.

Vimiverán 2026 consolídase así como unha proposta que combina conciliación, educación, ciencia, patrimonio e participación comunitaria, ofrecendo experiencias formativas e de lecer ao longo do verán.

Esta semana

El Arzobispado afirma que la directora de la Coral de Muxía no cuenta con su apoyo

El Arzobispado de Santiago de Compostela, a través de...

Polémica en Muxía. La Coral Virxe da Barca no actuará en la Romaría da Barca

Después de varias décadas actuando en la “Romaría da...

Visita de Perfecto Rodríguez a la escuela infantil de Muxía

El gerente del Consorcio Galego de Servizos de Igualdade...

Ponte do Porto acolle unha andaina solidaria por ataxia de Friedreich

O Concello de Camariñas fixo un chamamento á...

La Xunta apoya que la Romaría da Barca sea Fiesta de Interés Turístico Internacional

Turismo de Galicia emitió un informe favorable a la...

En corto

El Arzobispado afirma que la directora de la Coral de Muxía no cuenta con su apoyo

El Arzobispado de Santiago de Compostela, a través de...

Polémica en Muxía. La Coral Virxe da Barca no actuará en la Romaría da Barca

Después de varias décadas actuando en la “Romaría da...

Visita de Perfecto Rodríguez a la escuela infantil de Muxía

El gerente del Consorcio Galego de Servizos de Igualdade...

Formoso visita en Camariñas as obras do museo dos Naufraxios e a conserveira Cerdeimar

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,...

Xoves 20 de agosto: González Formoso visita Camariñas

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,...

Vimianzo celebra en setembro a segunda edición do festival M.O.L.A.

O Concello de Vimianzo presentou este martes o programa...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso