“Concilia Semana Santa” en Muxía

O Concello de Muxía facilita a conciliación ás familias durante as vacacións de Semana Santa, a través dun programa de actividades lúdicas para o desenvolvemento dos nenos e nenas, que terá lugar no edificio de Servizos Múltiples. As propostas, que se desenvolverán os días 25, 26 e 27 de marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, están dirixidas á rapazada empadroada no municipio de entre 3 e 12 anos.

Este compendio de actividades lúdicas están ideadas para acompañar no seu desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas, a través de medidas e mecanismos para establecer, apoiar e consolidar modelos que fomenten a
conciliación e que transformen os valores reproducen as desigualdades de xénero.

Traballarase tamén a educación en valores, actitudes de respecto, tolerancia eigualdade, a través de obradoiros e xogos en equipo.

As familias interesadas en anotarse no ‘Concilia Semana Santa’ poderán realizar a prescrición ata o vindeiro 20 de marzo na sede electrónica do Concello de Muxía, chamando ao 981 74 20 01, ou de xeito presencial no Centro de Información á Muller (CIM).

Os criterios por orde de preferencia serán:

1- Ambos proxenitores empregados/as.
2- Familias monoparentais.

Documentación a presentar:

-Ficha inscrición, aceptación de condicións e consentimento de participación asinada
polo pai/nai/titor/ora legal.

Olalla Benlloch, concelleira de Cultura e Educación foi a encargada de presentar‘Concilia Semana Santa’, unha iniciativa que “funcionou ben en anteriores edicións, xa que ademais de prestar un servizo ás familias, contribúe na educación dos nenos e nenas a través de dinámicas lúdicas”.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE MUXÍA

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso