Vimianzo inviste 95.747 euros na mellora de camiños

O Concello de Vimianzo continúa coas melloras nos camiños municipais e proxecta dúas novas actuacións co obxectivo de facilitar a accesibilidade en todos os puntos do municipio.

Os traballos realizaranse no viario de acceso a Castromil e en Oróns e contarán cun orzamento de 95.747,30 euros, financiados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

As obras, que contan cun prazo de execución aproximado de seis meses, supoñen un reforzo do firme existente e a incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan no día a día.

A primeira das actuacións, no acceso a Castromil, inclúe a limpeza de gabias de ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente en toda a plataforma, coa correspondente reparación de imperfeccións en toda a zona. Para finalizar, procederase á sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos e á vertical coa colocación de sete sinais de STOP. Esta actuación é a última do proxecto de aglomerado desde Reboredo ata Castromil.

En Oróns, nos treitos de 110×3,5 e 120×3,5 m, procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe con 5cm de aglomerado en quente, fresándose previamente o pavimento existente.

En canto aos treitos de 145×3,5 , procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destacou “a importancia destas actuacións, que forman parte do mantemento do noso municipio e benefician á nosa veciñanza, favorecendo as conexións entre os distintos núcleos”.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE VIMIANZO

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso