Os socialistas critican o cobro dos campamentos en Muxía

O PSdeG-PSOE de Muxía anunciou que recuperará a gratuidade dos campamentos de conciliación se volve gobernar o concello, tras a recente decisión plenaria de establecer taxas para estes servizos, aprobada cos votos de PP, BNG e independentes.

Nun comunicado remitido aos medios, os socialistas critican a xestión do actual goberno municipal, ao que atribúen unha perda de calidade nos programas de conciliación e unha diminución da participación durante o período do Nadal. Segundo o PSdeG, o paso de campamentos gratuítos a programas de pago estaría a ter un impacto negativo nas familias do municipio.

Programas gratuitos

O portavoz socialista, Iago Toba, defendeu que o seu grupo mantivo unha posición contraria tanto á imposición de prezos públicos sen debate plenario como ao cobro dos campamentos. “Sempre fomos coherentes na defensa da gratuidade e da igualdade de oportunidades”, afirmou, lembrando que durante os anteriores mandatos socialistas estes programas eran gratuítos.

Desde o PSdeG sinalan que a aprobación das taxas foi posible grazas ao apoio do BNG á proposta presentada por PP e independentes no último pleno municipal, unha decisión que consideran contraditoria coa postura pública dos nacionalistas. Os socialistas lembran tamén que, nun pleno anterior, o BNG votou a favor de delegar na Xunta de Goberno local a capacidade para fixar prezos públicos.

O grupo socialista asegura que, de recuperar a alcaldía, os programas de conciliación volverán ser gratuítos, mantendo —segundo indican— os niveis de calidade e duración que existían en etapas anteriores de goberno municipal.

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso