Aprobado o orzamento de Vimianzo co respaldo de PSOE e BNG

O Concello de Vimianzo iniciará o próximo exercicio cun orzamento de 9.405.911 euros, sen incrementar os impostos nin as taxas municipais. As contas foron aprobadas no pleno deste mércores co respaldo do grupo de goberno do PSOE e do BNG na oposición, e a abstención do PP.

O executivo que preside Mónica Rodríguez destaca o esforzo económico que supón manter os servizos municipais nun territorio con 14 parroquias e 133 núcleos de poboación, nun contexto de incremento dos custos de persoal, materiais e prestacións.

Servizos sociais e investimentos nas parroquias

As contas reservan 1.117.000 euros para investimentos, cunha previsión de financiamento de 870.000 euros procedentes do Plan Único da Deputación da Coruña.

O Goberno local pretende garantir a continuidade dos programas de atención ás persoas maiores, conciliación familiar e apoio á infancia, ademais de manter as axudas ao tecido asociativo, ao deporte, á cultura e ao comercio local.

Entre os servizos que se manterán figuran o de Axuda no Fogar, que continúa sen lista de espera, o programa de madrugadores, os campamentos de verán, Nadal e Semana Santa e as axudas escolares, á natalidade e de emerxencia social.

A corporación tamén deu luz verde ao expediente para licitar os servizos da vivenda comunitaria, da escola infantil, do comedor e da lavandería sobre rodas. A contratación ascende a 908.558,49 euros e contempla unha duración máxima de cinco anos, incluídas as posibles prórrogas.

O executivo municipal tamén mantén entre os seus obxectivos o crecemento do polígono empresarial e a creación de emprego no municipio.

Aposta polo diálogo institucional

A alcaldesa agradeceu o traballo do persoal municipal na elaboración dos orzamentos e na tramitación da nova licitación dos servizos sociais.

«Seguiremos traballando desde o diálogo, a concordia, a convivencia e o respecto institucional», manifestou Mónica Rodríguez, que agradeceu o apoio do BNG e expresou o seu respecto pola abstención do Partido Popular.

Pola súa banda, o BNG xustificou o seu respaldo aos orzamentos pola incorporación de propostas nacionalistas e de actuacións que considera urxentes, como a estrada de Areosa-Castro e os viais de Bamiro.

Esta semana

O Carme de Camelle, a Festa da Praia de Xaviña e o Caldo de Riola buscan un distintivo turístico

O Concello de Camariñas levará ao pleno ordinario do...

Roban en el puerto de Santa Mariña, en Camariñas

Cuatro marineros resultaron afectados por unas sustracciones valoradas en...

Fabiola García intervirá en actos políticos en Muxía e Camariñas

A número dous da candidatura do Partido Popular pola...

O Despertar do Río recupera un histórico espazo da Movida Porteña

A asociación O Despertar do Río promove a recuperación...

Propostas do BNG de Vimianzo para os orzamentos de 2027

O BNG de Vimianzo trasladou á alcaldesa, Mónica Rodríguez,...

En corto

Roban en el puerto de Santa Mariña, en Camariñas

Cuatro marineros resultaron afectados por unas sustracciones valoradas en...

Fabiola García intervirá en actos políticos en Muxía e Camariñas

A número dous da candidatura do Partido Popular pola...

O Despertar do Río recupera un histórico espazo da Movida Porteña

A asociación O Despertar do Río promove a recuperación...

Propostas do BNG de Vimianzo para os orzamentos de 2027

O BNG de Vimianzo trasladou á alcaldesa, Mónica Rodríguez,...

Mitin do BNG en Camariñas con Rosana Perez, Ana Pasantes e Oscar Insua

#eleccions29N. O Bloque Nacionalista Galego celebrará este domingo un...

Camariñas difunde “consellos para previr estafas na porta da casa”

O concello de Camariñas difundiron, a través das redes...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso