O concello achega 15.000 euros para as Festas de Agosto de Vimianzo

O Concello de Vimianzo achegará 15.000 euros para axudar a financiar as Festas Patronais de 2026, que se celebrarán entre o venres 7 e o luns 10 de agosto. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e Marta Castro, en representación da Asociación de Festas de Vimianzo, asinaron o convenio de colaboración que recolle esta achega municipal. Segundo indicou o Concello, esta colaboración reafirma o compromiso da institución cunha das citas máis importantes do calendario festivo local, tanto polo seu valor social e cultural coma polo impacto que xera na dinamización económica do municipio, especialmente no comercio, a hostalaría e o turismo.

Despistaos, El Combo Dominicano ou La Fórmula

A programación inclúe actuacións musicais ao longo de catro xornadas. O venres 7 de agosto subirán ao escenario Pol 3.14, Despistaos e a orquestra Cinema.

O sábado 8 será a quenda de El Combo Dominicano e La Fórmula, xornada que tamén incluirá a misa en honra da Virxe do Carme, pasarrúas e sesión vermú. O domingo 9 pecharán as actuacións Ráfaga, a orquestra Principal e DJ Josino Destroyer, ademais dos actos relixiosos dedicados a San Roque. A cita remata o luns 10 de agosto co tradicional Día do Nen@, xornada dirixida ao público infantil e familiar que contará con inchables, festa da escuma e animación musical.

«Amosar Vimianzo a quen nos visita»

A alcaldesa destacou que «as festas patronais son un espazo de encontro para a veciñanza e tamén unha oportunidade para amosar Vimianzo a quen nos visita», e engadiu que dende o Concello se segue a apoiar o labor da comisión organizadora para ofrecer unha programación pensada para todos os públicos.

Pola súa banda, Marta Castro agradeceu o apoio municipal e puxo en valor o esforzo da Asociación de Festas para sacar adiante unha programación variada, posible grazas á implicación de colaboradores, empresas patrocinadoras e veciñanza.

Esta semana

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

En corto

O PP advirte de posibles estafas eléctricas en Camariñas

A portavoz do PP de Camariñas e deputada autonómica,...

A «Historia de Muxía e Moraime» presentouse no Parador de Turismo

José Enrique Benlloch del Río e Kike Benlloch Castiñeira...

Camariñas e Porteño acaban en táboas

O derbi entre Camariñas e Porteño disputado este domingo...

Sementando Memoria na Ponte do Porto

O centro cultural de Ponte do Porto acolleu a...

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso