Vimiansol regresa a Vimianzo cun verán cheo de circo, música e espectáculos para todos os públicos

O Vimiansol, o ciclo cultural que enche Vimianzo de cultura e entretemento durante as fins de semana de verán, regresa un ano máis cunha programación que combina circo contemporáneo, humor, música e espectáculos familiares. A edición deste ano presentouse hoxe en rolda de prensa e contará con oito propostas que se desenvolverán na Praza do Concello e no Castelo de Vimianzo.

Vimiansol en xullo

A programación dará comezo o sábado 11 de xullo na Praza do Concello coa Fundación Tchyminigagua e o seu espectáculo Acrocircus. A recoñecida compañía colombiana, con máis de catro décadas de traxectoria e prestixio internacional, achegará ao público a súa particular linguaxe acrobática marcada polo ritmo e a enerxía e cunha profunda vocación de transformación social.

O 17 de xullo, o Castelo de Vimianzo acollerá o concerto Ao Vivo: Espazos Singulares, de Emilio Rúa, un dos cantautores galegos máis destacados das últimas décadas, cunha carreira de máis de 35 anos e unha obra vinculada á poesía e á lingua galegas.

O 25 de xullo volverá o circo á Praza do Concello coa gala Circando, unha proposta de Artefeito chea de malabares, clown, acrobacias e humor, que reunirá algúns dos mellores números circenses para abraiar e facer gozar a pequenos e maiores.

Vimiansol en agosto

Xa en agosto, o primeiro sábado día 1, a artista galega Sue Moreno presentará 5.0, o seu novo espectáculo, unha mestura de equilibrios, acrobacias aéreas e música en directo para reflexionar, desde o amor e o humor, sobre o paso do tempo, os cambios e o envellecemento. Unha proposta valente e emocionante dunha das acróbatas máis consolidadas de Galicia.

O 14 de agosto, o Castelo converterase de novo en escenario musical coa actuación de Héctor Lera. O artista, recoñecido tamén como actor de dobraxe de cine e televisión, ofrecerá un concerto marcado pola mestizaxe de estilos nun directo que destaca pola súa proximidade co público baixo o nome Cancións íntimas.

As artes escénicas regresarán á Praza do Concello o 15 de agosto con Las Cossas Nostra, da compañía do mesmo nome chegada dende Barcelona. Os protagonistas desta noite serán un extravagante dúo de gánsteres vítimas da moda italiana, que convidarán ao público a entrar nun universo absurdo e disparatado no que todo é posible.

O 22 de agosto será a quenda da compañía asturiana Adrián Conde e o seu espectáculo Intringulis. Da man do entrañable mago Braulio, o público vivirá unha experiencia na que os imprevistos se transforman en gargalladas e diversión para toda a familia.

Por último, o 29 de agosto, Vimiansol despedirá a súa edición deste verán coa compañía A Vela Circo e o espectáculo O Último que Apague a Luz. A partir da historia de dous pallasos que deciden casar, a proposta constrúe unha aloucada cerimonia que reflexiona, desde o humor e o absurdo, sobre as tradicións e os rituais sociais.

Todas as actuacións, tanto na Praza do Concello coma no Castelo, comezarán ás 21:00 horas e serán de acceso libre e gratuíto.

Vimiansol 2026 está organizado polo Concello de Vimianzo, coa colaboración da Deputación da Coruña, e consolídase, tras varias edicións exitosas, como unha das citas culturais imprescindibles do verán na Costa da Morte.

Fonte- Nota de prensa do concello de Vimianzo

Esta semana

A conselleira do Mar visitou Camelle

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou a localidade...

Ponte do Porto celebra as Festas de San Roque 2026 os días 15 e 16 de agosto

A parroquia de Ponte do Porto, no concello de...

En Camelle preparan un bocadillo de máis de 12 metros de lonxitude

En Camelle anuncian a preparación do “bocadillo máis grande...

O concello achega 15.000 euros para as Festas de Agosto de Vimianzo

O Concello de Vimianzo achegará 15.000 euros para axudar...

A Deputación renovará o firme da estrada entre Caxadas e Baíñas

A Deputación da Coruña deu luz verde, de forma...

En corto

A conselleira do Mar visitou Camelle

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou a localidade...

En Camelle preparan un bocadillo de máis de 12 metros de lonxitude

En Camelle anuncian a preparación do “bocadillo máis grande...

O concello achega 15.000 euros para as Festas de Agosto de Vimianzo

O Concello de Vimianzo achegará 15.000 euros para axudar...

A Deputación renovará o firme da estrada entre Caxadas e Baíñas

A Deputación da Coruña deu luz verde, de forma...

O BNG leva aos tribunais ao portavoz do PSOE de Muxía

O BNG anunciou hoxe a presentación dunha demanda xudicial...

Luz Casal, Hija Adoptiva de Camariñas

El Ayuntamiento de Camariñas nombró hoy, por unanimidad, a...

Camelle celebra el Carmen con churrasco, música y tradición

La localidad de Camelle, celebrará del 31 de julio...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso