Vimianzo inaugura a Mostra de Artesanía en Vivo e activa o Período Irmandiño

O Castelo de Vimianzo deu este xoves inicio ao denominado Período Irmandiño co acto simbólico da baixada do pendón dos Moscoso, un dos momentos máis representativos do calendario cultural do municipio. Desde hoxe, a Torre da Homenaxe luce a icónica cabeza de lobo da liñaxe dos Moscoso, sinal da conta atrás para unha nova edición do Asalto ao Castelo, que se celebrará os días 3 e 4 de xullo.

No acto participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas, así como representantes das asociacións Cherinkas e Axvalso, entidades implicadas na organización da recreación histórica. A colocación do pendón marca oficialmente o inicio do período simbólico que culminará coa representación do ataque irmandiño á fortaleza.

Imaxe da inauguración na Mostra de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo
Inauguración Mostra de Artesanía en Vivo no Castelo de Vimianzo

Mostra de Artesanía en Vivo

A xornada serviu tamén para inaugurar unha nova edición da Mostra de Artesanía en Vivo, que poderá visitarse no castelo ata o 15 de setembro en horario de mañá e tarde. A mostra converte o recinto nun espazo dedicado aos oficios tradicionais, á creación artesanal e aos produtos locais.

A programación inaugural completouse coa apertura da exposición temporal “O liño ten futuro?”, promovida pola Asociación Amigos do Liño, e cun desfile de pezas elaboradas con esta fibra natural, que puxo en valor a súa vixencia e potencial creativo.

Ademais, ao longo do verán desenvolveranse obradoiros artesanais todos os sábados, co obxectivo de achegar os oficios tradicionais á cidadanía e favorecer a súa transmisión entre xeracións.

– O Castelo de Vimianzo acolleu esta mañá o acto de baixada
do pendón dos Moscoso,
acto de baixa d o pendón dos Moscoso,

Esta semana

Pull&Bear lanza una colección cápsula con encaje de Camariñas

La firma de moda juvenil Pull&Bear ha presentado este...

Vimianzo inicia os trámites para converter o Muíño de Mareas de Cereixo nun museo etnográfico

O Concello de Vimianzo solicitou á Xunta de Galicia...

Vimianzo, Muxía y Camariñas ponen en marcha un Obradoiro de Emprego financiado por la Xunta

La Xunta de Galicia financia con 501.000 euros el...

Los Españoles, Borja Solla y Master en Suxo

Suxo honra a la Virgen del Pilar a ritmo...

En corto

Pull&Bear lanza una colección cápsula con encaje de Camariñas

La firma de moda juvenil Pull&Bear ha presentado este...

Los Españoles, Borja Solla y Master en Suxo

Suxo honra a la Virgen del Pilar a ritmo...

Comida popular en Carantoña

La comisión de fiestas de Carantoña (Vimianzo) organiza la...

Camariñas camina contra el cáncer

El Concello de Camariñas y la AECC impulsan...

Vimianzo mejora su planta de agua potable con una inversión de 162.860 euros

La actuación mejora la calidad del agua con nuevos...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso