O Concello de Camariñas pide tranquilidade ás familias do CEIP O Areal

O Concello de Camariñas desmentiu as informacións difundidas, nunha nota de prensa do BNG local, sobre a presenza de amianto nas zonas de recreo do CEIP O Areal, tras a intranquilidade xerada entre parte das familias do alumnado.

A alcaldesa, Sandra Insua, contactou coa dirección de obra, dependente da Xunta de Galicia, para avaliar a situación no centro escolar, onde se están a executar traballos de retirada de cuberta de fibrocemento.

Informacións desde o concello de Camariñas

Segundo o Concello, o alumnado non accede en ningún momento á zona traseira do recinto, que é onde se está a centralizar este material, polo que as áreas de recreo empregadas polos nenos e nenas permanecen delimitadas e seguras.

O material xa retirado atópase, segundo o mesmo comunicado, encapsulado en sacos especiais homologados, en cumprimento da normativa de seguridade vixente, sen que iso supoña risco para a comunidade educativa.

Un protocolo de actuación establecido no CEIP O Areal

O centro e a dirección de obra contan cun protocolo de actuación definido para esta fase dos traballos. Ademais, estableceuse que as tarefas de retirada dos tellados restantes se realicen exclusivamente os venres pola tarde e os sábados, fóra do horario lectivo, para evitar calquera contacto co alumnado.

Dende o Concello sinalan que a seguridade dos menores é a prioridade principal, que a situación está controlada e supervisada por profesionais, e piden tranquilidade ás familias ante a difusión de informacións que cualifican de inxustificadas.

Esta semana

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

Vimindie: Vimianzo acolle o primeiro festival de autoedición da Costa da Morte

A Casa da Cultura de Vimianzo converterase do 29...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

En corto

Domingo de derbi en el Vicente Carril

Camariñas FC y CF Porteño disputarán el domingo 1...

 La Segunda República y la Guerra Civil en Camariñas

El viernes día 30 de octubre a las 19,00...

La creación del pósito marítimo de Camariñas

El pósito marítimo terrestre de Camariñas se constituyó el...

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso