O BNG de Muxía reclama o arranxo urxente dos accesos ao lugar da Raposa

Os nacionalistas sinalan que “á veciñanza do lugar non lle chegan pan, peixe ou froita porque, ante a situación de deterioro das dúas estradas de acceso, os comerciantes néganse a subir cos vehículos ata o lugar”

O BNG de Muxía reclamou o arranxo urxente dos accesos por estrada ao lugar da Raposa, indicando que a situación actual “non pode esperar máis”. Os nacionalistas indicaron que para o proxecto de POS adicional 2025, que se tratará proximamente en pleno, acadaron “o compromiso de que se incluíra, por fin, a reforma da estrada que vai de Quintáns ata Senande, nunha primeira fase ata Agranzón, e dos accesos a varios lugares, entre eles o da Raposa”, e subliñaron que “a actuación incluída neste POS adicional -aprobación, permisos, licitación e execución- levará meses, e a veciñanza da Raposa leva xa moito tempo sen servizos”.

O BNG presentou en 2023 unha moción plenaria explicando a situación da estrada de Quintáns a Senande e dos accesos a lugares como Tralapedra, A Raposa, Castelo, Agranzón ou Agrodosío. Aprobouse por unanimidade da Corporación o arranxo da estrada, mais o goberno saínte nunca acometeu as obras aprobadas: nin as incluíu nos POS nin as fixo con financiación municipal.

Hai anos que o BNG de Muxía vén denunciando o estado de estradas, pistas e lugares polo abandono e deterioro que sofren nos últimos anos e aos que se segue sen se lles poñer remedio.

A formación nacionalista afirmou que “todos e todas os que viven nas aldeas saben que un dos servizos esenciais é o das panaderías, peixeiras e camións que lles acercan produtos básicos ás casas, evitando que teñan que desprazarse para aprovisionarse de víveres frescos e, sobre todo, do pan de cada día”. E explicou que “no lugar da Raposa, á veciñanza non lle chegan pan, peixe ou froita porque, ante a situación de deterioro das dúas estradas de acceso, os comerciantes néganse a subir cos vehículos ata o lugar, pois corren o risco de deixar as rodas no traxecto”.

A voceira do BNG, Mercé Barrientos, xa comunicara ao alcalde en varias ocasións, tanto por escrito como en persoa, a necesidade urxente de acometer traballos de rebacheo e de reparación de estradas e pistas. O BNG de Muxía comunicou a súa disposición a aprobar a financiación necesaria para este fin. As actuacións de mantemento, na opinión da voceira Mercé Barrientos, “deben de realizarse á maior brevidade e priorizarse para garantir á veciñanza que carece actualmente de servizos esenciais que estes lle cheguen”.

O grupo nacionalista muxián leva tempo insistindo aos diferentes gobernos municipais da necesidade de elaborar un Plan Municipal de Mantemento que permita actuar con previsión. “Cada ano que se pasa sen plan de mantemento o estado dos accesos ás aldeas empeora; algúns, como na Raposa ou a Agrodosío, ata o punto de que en pouco tempo os traballos xa non terán que ser de mantemento senón que haberá que volver a facer a vía”, sinalou o BNG, que observa” un abandono que a veciñanza non merece”, e considera que é preciso que se acometan xa labores de reparación imprescindibles para garantir os servizos.

FONTE- NOTA DE PRENSA REMITIDA POLO BNG DE MUXÍA

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso