Cinco ciclistas de Baikers do Vilán percorrerán 965 quilómetros entre Francia e Suíza

Cinco ciclistas do club PC Baikers do Vilán, de Camariñas, iniciarán este sábado, 15 de agosto, unha ruta de 965 quilómetros entre a localidade francesa de La Turballe e a suíza de Delemont, que completarán o día 20 tras seis etapas.

A denominada Ruta Ciclista de Irmanamento busca reforzar os vínculos do Concello de Camariñas coas localidades coas que mantén acordos de irmandade, ao tempo que se promociona a cultura, o turismo e o nome da Costa da Morte no exterior.

A expedición dá continuidade ao percorrido que o club iniciou en 2023 entre Camariñas e La Turballe e que en 2024 tivo como destino Peniche (Portugal). Os deportistas retoman agora o punto no que remataron en Francia para enlazar con Suíza.

A elección de Delemont responde á presenza nesa zona de numerosas familias emigrantes procedentes de Camariñas, un vínculo que se mantén na actualidade.

O percorrido divídese en seis etapas, cunha media próxima aos 160 quilómetros diarios. A primeira, o 15 de agosto, unirá La Turballe e Cunault (205 quilómetros); a segunda levará o pelotón ata Salbris (195); a terceira, ata Juillenay (202); a cuarta, ata Vaivre et Montoille (175); a quinta rematará en Bussang tras 80 quilómetros; e a sexta, o día 20, cubrirá os 108 quilómetros que separan esa localidade de Delemont.

A saída oficial terá lugar este sábado desde a Casa do Concello de La Turballe. Na penúltima xornada, os ciclistas serán recibidos polas autoridades de Bussang, municipio francés tamén irmandado con La Turballe. A chegada a Suíza contará cunha recepción oficial do goberno local de Delemont o xoves 20 de agosto.

A iniciativa está organizada polo PC Baikers do Vilán coa colaboración do Concello de Camariñas, a empresa Salgado Frozen Seafood e a Asociación de Irmanamento La Turballe-Camariñas.

Foto portada- ano 2024

Esta semana

Camariñas inicia a ampliación do cemiterio municipal

O Concello inviste máis de 150.000 euros na construción...

O BNG esixe o arranxo da estrada principal de Camelle

Os nacionalistas advirten do risco para os peóns polo...

O PP acusa ao Goberno de Camariñas de «descontrol financeiro»

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de...

Unanimidade para pedir a declaración de Interese Turístico para o “Carme de Camariñas”

A corporación municipal de Camariñas acordou por unanimidade a...

O PSdeG alerta da perda de recursos pola repotenciación dos parques eólicos

A deputada socialista Patricia Iglesias, mantivo unha xuntanza coa...

En corto

Iago Toba denuncia unha agresión no Santuario da Barca

O portavoz do PSOE en Muxía, Iago Toba Campaña,...

Renovación do alumeado en Ponte do Porto

O Concello de Camariñas mellorará a eficiencia enerxética do...

Obras nun dos accesos ao Cemiterio dos Ingleses

O Concello de Camariñas vén de iniciar as obras...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso