Aprobado o POS 2026 en Muxía: gasto corrente e obra na estrada Agranzón-Senande

O pleno municipal de Muxía aprobou o POS 2026 nunha sesión na que o debate estivo condicionado pola emenda presentada polo PSOE, finalmente rexeitada polos grupos de goberno e polo BNG. A continuación, o documento definitivo saíu adiante coa unanimidade da corporación.

O alcalde, Javier Sar (Independentes), explicou que o plan ascende a 772.000 euros e que a maior parte, 532.000, irá destinada a gasto corrente. Os 240.000 euros restantes reservaranse para unha actuación concreta: a mellora da estrada Agranzón-Senande. O rexedor vinculou este reparto á situación económica do Concello, asegurando que existe un “desfase” acumulado próximo ao millón de euros e que se está a cumprir co Plan Económico Financeiro seguindo criterios técnicos.

Emenda do PSOE

A emenda do PSOE, defendida por Iago Toba, propoñía empregar 179.000 euros en melloras viarias en Leis, Senande e Ozón. O portavoz socialista criticou o criterio do executivo e cualificouno de “incoherencia”. Durante o intercambio, Sar insistiu en que non se poden aprobar obras sen proxectos pechados, mentres Toba reaccionou presentando un proxecto na mesma sesión.

No debate tamén interveu Sandra Vilela (PP), que afirmou: “recibimos un concello inmerso nun Plan Financeiro pola súa xestión, que deixou a Muxía intervida”. Pola súa parte, Mercé Barrientos (BNG) asegurou que o seu grupo mantén unha postura «responsable».

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso