A voceira do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo Mas, confirmou hoxe que Yulisa López e Romina Soneira pasarán a formar parte do grupo municipal popular a partir do mes de setembro.
Ambas foron integrantes das listas do PP nas últimas eleccións municipais do ano 2023 e ocuparán os lugares de Manuel Mejuto e de Marta Mouzo, que entregaron a súa acta recentemente por motivos persoais que lles impiden continuar na primeira liña do proxecto político que encabeza Paula Mouzo.
A voceira popular aproveitou a renuncia dos xa ex edís do PP para agradecer o traballo e compromiso mostrado ata a data por dúas persoas que, tal e como explicou Mouzo, seguirán axudando á súa formación.
Tamén aproveitou para dar a benvida as novas concelleiras que “levan tempo traballando pola nosa alternativa de goberno para o concello de Camariñas” e que agora terán esta nova responsabilidade que asumen “con ilusión e gañas”.






