A seguridade viaria e a promoción das festas centran o pleno de Camariñas

A corporación local do concello de Camariñas deu luz verde ás propostas do goberno local do PSOE liderado por Sandra Insua, co apoio do PP e do BNG, de crear unha Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra as violencias machistas do Concello de Camariñas, solicitar á Xunta, a transferencia dun tramo da Avenida da Coruña, en Camariñas, e a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Festas do Carme de Camelle, a Festa da Praia de Xaviña e a Festa do Caldo de Riola de Ponte do Porto.

Tamén houbo unanimidade na moción presentada polo BNG para solicitar o arranxo “urxente” da DP-1601 ao seu paso por Camelle.

Melloras na Grixa-Ponte do Porto

No apartado de rogos e preguntas, desde o Partido Popular, solicitaron o reforzo da seguridade viaria nas inmediacións do colexio de Ponte do Porto, denunciando “o perigo que supón para os escolares e as súas familias o tráfico que circula pola estrada xeral”.

O edil popular Juan Amado pediu que o arranxo da “rúa vella da Grixa” en Ponte do Porto. O voceiro do BNG, Xurxo Rodríguez tamén trasladou esta petición e demandou que se actúe “coa máxima prioridade nesta rúa”.

Peticións desde a oposición

A portavoz Paula Mouzo tamén pediu melloras en Brañas Verdes, en pistas de Xaviña (Ariño e Tasaraño) e en varias rúas de Camariñas (Braña Carreira, Fonte Barreira ou Avenida Juan Carlos I), entre outras cuestións.

O BNG tamén pediu o arranxo da rúa Gándara (Ponte do Porto), elaborar un proxecto para instalar unha cuberta no parque infantil de Camelle e habilitar a Casa do Mar de Camelle para uso dos escolares do CEIP de Camelle.

Esta semana

Operación contra la pesca furtiva con tres investigados en Camariñas

La Guardia Civil ha informado de la detención de...

Aprobado o orzamento de Vimianzo co respaldo de PSOE e BNG

O Concello de Vimianzo iniciará o próximo exercicio cun...

O Carme de Camelle, a Festa da Praia de Xaviña e o Caldo de Riola buscan un distintivo turístico

O Concello de Camariñas levará ao pleno ordinario do...

Roban en el puerto de Santa Mariña, en Camariñas

Cuatro marineros resultaron afectados por unas sustracciones valoradas en...

Fabiola García intervirá en actos políticos en Muxía e Camariñas

A número dous da candidatura do Partido Popular pola...

En corto

Operación contra la pesca furtiva con tres investigados en Camariñas

La Guardia Civil ha informado de la detención de...

Aprobado o orzamento de Vimianzo co respaldo de PSOE e BNG

O Concello de Vimianzo iniciará o próximo exercicio cun...

Roban en el puerto de Santa Mariña, en Camariñas

Cuatro marineros resultaron afectados por unas sustracciones valoradas en...

Fabiola García intervirá en actos políticos en Muxía e Camariñas

A número dous da candidatura do Partido Popular pola...

O Despertar do Río recupera un histórico espazo da Movida Porteña

A asociación O Despertar do Río promove a recuperación...

Propostas do BNG de Vimianzo para os orzamentos de 2027

O BNG de Vimianzo trasladou á alcaldesa, Mónica Rodríguez,...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso