A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou a localidade de Camelle (Camariñas) para manter un encontro con representantes da confraría de pescadores local, encabezados polo patrón maior, Xosé Xoán Bermúdez.
Na visita tamén participou a deputada autonómica, Paula Mouzo Mas.
Fontes da consellería sinalaron que a xuntanza mantida nas dependencias da confraría de Camelle, enmárcase no “contacto permanente” que a Xunta mantén coas confrarías e organizacións de produtores de Galicia.







