“Queremos que se teña en conta o desexo de Man, da familia e dos veciños de Camelle”

O Partido Popular pide ao goberno do PSOE que realice un plan de actuación na Casa de Man e na súa contorna e que se teña en conta o desexo de Manfred Gnadinger, da súa familia e dos veciños de Camelle. “A intención de Man era que a súa obra se conservara e para iso deixou cartos. Tamén parece que é o desexo da familia e entendemos que o que queren os veciños” sinalou a portavoz do PP, Paula Mouzo.

“Consideramos que se debería impulsar unha restauración parcial, pero sobre todo o que temos é que marcar unha dirección e un plan de traballo”.

Para os populares o goberno local debe explicarse: “Como estamos acostumados a que cambien de opinión, como pasou con Aldea Madeira, queremos saber se teñen prevista algunha actuación inmediata” declarou Mouzo Mas, que reivindicou o legado de Man como atractivo turístico e cultural.

Neste senso lembrou que o Partido Popular no seu programa electoral propoñía un plan integral de turismo de Camelle orientado sobre a figura de Man.

Tamén a restauración da Casa Museo e a elaboración dun estudio cromático da fachada marítima e espazos públicos e un plan de promoción da obra de Man.

Foto- Partido Popular de Camariñas- Facebook

Nota de prensa- Partido Popular de Camariñas

Esta semana

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

En corto

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso