O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos municipais de atención social e conciliación tras o abandono da empresa concesionaria o pasado febreiro, unha situación que afectou a 170 persoas usuarias e 33 traballadoras.

Nunha rolda de prensa, a alcaldesa, Mónica Rodríguez Ordóñez, acompañada pola concelleira de Benestar Social, María José Pose, e pola técnica Sandra Abeijón, explicou que o executivo local tivo que asumir de maneira inmediata medidas para garantir a continuidade da atención e evitar a interrupción dos servizos.

Segundo indicou, o Concello fixo fronte aos gastos básicos de funcionamento e actuou para protexer os dereitos laborais das traballadoras, nun contexto que cualificou de “enorme dificultade” e que atribuíu ao “incumprimento e abandono” por parte da empresa saínte.

O contrato orixinal fora formalizado en 2005 e prorrogado ata o máximo legal tras unha avaliación técnica realizada en 2021, na que máis do 95 % dos indicadores de calidade superaban os 8 puntos. O goberno local defendeu que esta decisión estivo baseada en criterios obxectivos e informes técnicos.

Tras o abandono dos servizos o 18 de febreiro, o Concello iniciou un proceso de licitación que, nun primeiro intento, quedou deserto debido á complexidade técnica e á falta de información completa por parte da concesionaria anterior. Un segundo procedemento permitiu finalmente a adxudicación do contrato á empresa Galicia Vella, formalizado o 8 de abril.

A alcaldesa destacou que a nova empresa asumiu a situación “con responsabilidade” e que o pasado 17 de abril quedaron saldadas todas as débedas co persoal, quedando regularizada a súa situación laboral.

O Concello anunciou ademais a preparación de accións legais para reclamar responsabilidades á empresa anterior e reafirmou o seu compromiso coa continuidade e calidade dos servizos públicos.

Esta semana

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

«Avogato»: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

En corto

«Avogato»: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

PSOE e PP enfróntanse en Muxía pola atención primaria

A situación da atención primaria no centro de saúde...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso