Obradoiro Dual para Vimianzo, Camariñas e Muxía

A Xunta de Galicia concedeu un Obradoiro dual de Emprego para os concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía,

O proxecto, denominado “2026 CAMUVI FORESTAL”, contará con 20 alumnos e alumnas traballadoras e terá unha duración de nove meses. A formación estrutúrase en tres especialidades: limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e montaxe de mobles e elementos de carpintaría. O investimento global ascende a 501.552 euros.

O obradoiro será xestionado polo Concello de Vimianzo e está financiado a través dunha liña de subvencións públicas que combina formación teórica e práctica, permitindo que as persoas participantes adquiran experiencia profesional real mentres desenvolven actuacións de interese xeral para a veciñanza.

Xuntanza dos concellos beneficiarios

Na xornada de presentación participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o tenente de alcaldesa de Camariñas, Sergio Caamaño; e o alcalde de Muxía, Javier Sar, xunto con concelleiras, concelleiros e persoal técnico dos tres concellos. O encontro serviu para avanzar na planificación e nos primeiros pasos administrativos do proxecto.

Durante a reunión abordouse o inicio da programación do obradoiro, que permitirá formar un grupo de persoas nun ámbito con alta demanda laboral ao tempo que se executan traballos destinados á mellora de espazos e servizos municipais nos tres concellos participantes.

Nos vindeiros días, o Concello de Vimianzo iniciará os trámites para a posta en marcha da iniciativa, incluíndo o proceso de selección do alumnado-traballador e do equipo técnico, coa previsión de que o obradoiro comece nas próximas semanas.

Esta semana

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

«Avogato»: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

En corto

«Avogato»: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso