O Parlamento de Galicia pide crear unha base permanente do SVA na Ría de Camariñas

O Parlamento de Galicia aprobou este xoves por unanimidade unha proposición non de lei (PNL) do Grupo Popular na que se solicita ao Goberno central a creación dunha base permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) na ría de Camariñas (A Coruña). A medida ten como obxectivo reforzar os recursos destinados á loita contra o narcotráfico nesta zona da Costa da Morte.

A iniciativa inclúe tamén a modernización e ampliación dos medios materiais e tecnolóxicos do SVA, con atención á adquisición de embarcacións máis potentes e maniobrables, dotadas de tecnoloxía avanzada para a intercepción de narcolanchas. Ademais, proponse incrementar os recursos humanos e mellorar a distribución territorial destes en toda a costa galega, especialmente na provincia da Coruña.

Durante a defensa da proposta, a deputada do Partido Popular, Paula Mouzo Mas, sinalou que “a loita contra o narcotráfico é unha lacra que esixe unha postura firme de todos os que temos a misión e a responsabilidade de representar aos cidadáns”. Alertou de que o problema “segue presente e medrando nos últimos anos” e afirmou que “a droga pode descargarse nunha praia da ría de Camariñas, pero a súa influencia espállase por todo o territorio”.

A parlamentaria tamén subliñou a necesidade de mellorar as condicións laborais do persoal do SVA e criticou o que cualificou como “desidia” por parte do Goberno de Pedro Sánchez, mencionando casos nos que operativos foron cancelados por falta de cobertura horaria.

A proposta solicita garantir a operatividade plena do servizo e unha distribución equitativa dos recursos en todas as súas bases e comunidades.

Esta semana

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

En corto

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso