O Parlamento de Galicia acaba de editar en Teófilo edicions unha guía de fotos de 431 páxinas chamada “Galicia, o mellor agasallo”. Según o editor José Luis Teófilo na breve introducción “este libro amosa recunchos cheos de encantos e segredos, reflicte a plenitude da nosa fascinante e máxica terra”. A fotografía é de Alberte Peiteavel.
A nosa ría tamén está representada nesta traballada e manexable edición. A Punta da Barca de Muxía e o cabo Vilán contan cun espazo referencial con varias páxinas de fermosas imáxenes. Tamén aparece o dolmen de Freáns de Vimianzo. Outras partes da zona que aparecen no libro son a fervenza do Ézaro ou a ponte de Brandomil.







