O BNG pide un plan de viabilidade para as mariscadoras de Camariñas

O BNG pediu á Xunta un plan global para recuperar o marisqueo en Camariñas ante a forte caída da produción e o peche total das áreas de traballo.

O deputado Oscar Insua explicou que a falta de recursos e de resultados nas actuacións feitas nos últimos anos levou ás mariscadoras a unha situación de “desesperación”, xa que practicamente ningún intento de rexeneración dos bancos funcionou.

Durante o verán só se puideron realizar pequenos traballos de remoción cunha axuda de 15.000 euros, que segundo o BNG resultou insuficiente.

A formación tamén critica que a única técnica con algo de éxito —a cría baixo redes— non serve a medio prazo porque, unha vez liberado o marisco, este non sobrevive, sen que se teñan aclarado as causas.

Ademais, denuncian que as mariscadoras de Camariñas quedan excluídas das axudas por paralización temporal ao non poder acreditar os días mínimos de actividade esixidos debido ao peche continuado dos bancos.

Insua acusou á Xunta de non responder ás necesidades do sector e pediu explicacións sobre por que outras rías manteñen produción mentres que na de Camariñas non se recolleron cantidades mínimas en todo o verán.

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso