Inauguración do sendeiro ao Muíño de Mareas de Cereixo

O Concello de Vimianzo inaugurou o novo sendeiro de acceso ao Muíño de Mareas de Cereixo, unha obra financiada con máis de 157.000 euros da Consellería do Mar a través do GALP Costa da Morte. O acto contou coa presenza da alcaldesa Mónica Rodríguez, do xerente do GALP, Guillermo González, e da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, quen salientou que a intervención reforza un enclave de alto interese natural, cultural e etnográfico.

A actuación inclúe a pavimentación íntegra do camiño, nova iluminación, mobiliario e unha zona de observación con vistas á ría e á illa do Forno do Sapo. Durante a xornada realizouse un percorrido interpretado pola contorna e proxectouse un documental sobre o papel histórico das mulleres de Cereixo no ámbito mariñeiro.

O sendeiro forma parte do proxecto “Mareas”, que incorpora accións ambientais, educativas e de dinamización social. Co novo acceso, o Concello completa un itinerario sostible e accesible que conecta coa senda existente e reforza o atractivo turístico e patrimonial da parroquia.

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso