O PP denuncia a baixa inversión en Camariñas e pide máis seguridade

O Partido Popular de Galicia reafirmou en Camariñas o seu compromiso de continuar reclamando ao Goberno central un reforzo dos medios de seguridade no litoral galego, especialmente na Costa da Morte, para facer fronte ao narcotráfico e á inseguridade cidadá. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, realizou unha visita á localidade acompañada de Paula Mouzo e doutros representantes comarcais, nas que defendeu que o partido está a trasladar ao Parlamento galego as demandas formuladas polos cargos municipais da zona.

Iniciativas do Partido Popular

Prado lembrou que, por iniciativa do PP, a Cámara galega aprobou por unanimidade pedir a creación dunha base permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Camariñas e solicitar o reforzo dos seus medios materiais e humanos. Tamén destacou que o Parlamento reclamou ao Executivo estatal que considere principais os cuarteis da Garda Civil de Vimianzo e Corcubión para aumentar os efectivos dispoñibles. A dirixente popular criticou a falta de resposta do Goberno central e lamentou que, ao seu xuízo, a alcaldesa socialista de Corcubión non amose preocupación por esta cuestión.

Críticas ao goberno local de Camariñas

En clave local, Prado cualificou a situación de Camariñas como “exemplo” do que sucede en concellos gobernados por outras forzas, sinalando que é o municipio con menor inversión por habitante da Costa da Morte, con pouco máis de 106 euros por veciño. Asegurou que un eventual executivo do PP, encabezado por Paula Mouzo, actuaría “sen sectarismos”.

Pola súa parte, Paula Mouzo agradeceu ao partido o impulso das demandas de máis seguridade tanto no Parlamento como no Congreso e comprometeuse a traballar con “ilusión e perseveranza” para promover un cambio político no municipio.

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso