Formoso e Insua formalizan o convenio para o futuro Museo dos Naufraxios

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, asinaron o convenio de colaboración para financiar as obras de reforma da envolvente exterior da antiga lonxa de Camariñas e da sala de exposicións Beti Donosti, edificio no que se ubicará o futuro Museo dos Naufraxios.

O investimento total ascende a 430.000 euros. A Deputación achega o 76,7 %, con 330.000 euros, mentres que o Concello asumirá o resto con fondos propios.

A actuación permitirá recuperar un edificio emblemático situado no peirao do Curbeiro, en estado de abandono desde hai décadas, e supón o primeiro paso para poñer en valor un espazo público vencellado á memoria mariñeira e aos naufraxios da Costa da Morte.

O proxecto inclúe a consolidación estrutural do inmoble, a reforma de cubertas e fachadas, a mellora da eficiencia enerxética e a renovación de carpinterías, mantendo o volume e o carácter industrial e mariñeiro do edificio.

Tras a sinatura, Valentín González Formoso destacou que o convenio exemplifica o compromiso da Deputación coa recuperación do patrimonio público e coa dinamización cultural da Costa da Morte. Pola súa banda, Sandra Insua subliñou que a actuación senta as bases para facer realidade o Museo dos Naufraxios e reforzar a oferta cultural e turística de Camariñas.

Esta semana

Camariñas nomeará a Luz Casal Filla Adoptiva nun pleno extraordinario o 29 de xullo

O Concello de Camariñas celebrará o vindeiro mércores, 29...

Sigue la fiesta con celebraciones en Pasarela y Cereixo

Pasarela-Calo y Cereixo celebran sus fiestas con diferentes atractivos...

Comienzan las obras de la nueva fase de la autovía de la Costa da Morte

La Xunta de Galicia ha iniciado este viernes en...

Santa Mariña inicia as súas festas coa tradicional sardiñada popular

A sardiñada popular que se celebra anualmente no porto...

Vimianzo se prepara para la XXVIII Rapa das Bestas este fin de semana

El Campo da Areosa, en Vimianzo, se convertirá este...

En corto

Camariñas nomeará a Luz Casal Filla Adoptiva nun pleno extraordinario o 29 de xullo

O Concello de Camariñas celebrará o vindeiro mércores, 29...

Sigue la fiesta con celebraciones en Pasarela y Cereixo

Pasarela-Calo y Cereixo celebran sus fiestas con diferentes atractivos...

Santa Mariña inicia as súas festas coa tradicional sardiñada popular

A sardiñada popular que se celebra anualmente no porto...

Vimianzo se prepara para la XXVIII Rapa das Bestas este fin de semana

El Campo da Areosa, en Vimianzo, se convertirá este...

Camariñas celebra as Festas do Carme desde este mércores

Verbenas con Olympus, La Fórmula ou Panorama City, procesión...

Anxo Lorenzo se interesa por el legado de Man de Camelle

El Director Xeral de Cultura de la Xunta de...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso