A consellería de Medio Rural deu por extinguido o incendio orixinado en Ponte do Porto(Camariñas) e que tamén afectou ao termo municipal veciño de Vimianzo.
Este lume iniciouse ás 22,19 horas do sábado 17 e segundo a Xunta “ finalmente afectou unha superficie de 25,47 hectáreas, das cales 13,47 son de monte raso e 12 de arborado”. Para a extinción do lumes mobilizáronse en total 20 axentes, 22 brigadas, 15 motobombas e 1 pa.
Teléfono gratuito de denuncias 900 815 085
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.







