Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro as Xornadas da Memoria Democrática, o acto central de “Sementando Memoria”, proxecto co que o Concello pretende dignificar as persoas represaliadas desde o inicio da Guerra Civil e durante a ditadura.

A República e a Guerra Civil en Camariñas

O venres 30 comezará ás 12:00 horas cunha ofrenda floral no Memorial da Ponte do Porto. O investigador porteño Rafael Lema guiará unha Ruta da Memoria co alumnado do IES Pedra da Aguia.

Pola tarde, ás 19:00, o Centro Cultural da Ponte do Porto acollerá a presentación do libro “A República e a Guerra Civil en Camariñas”, a cargo do propio Lema, e a xornada rematará co documental “Ezkaba: La gran fuga de las cárceles franquistas”.

Recibo do sindicato CNT de Camariñas

Represión franquista na Costa da Morte

O sábado 31, a primeira cita será ás 10:00 horas, con outra ofrenda floral e a inauguración da Avenida das palilleiras. Ás 11:00, o Faro Vilán servirá de escenario para a conferencia do historiador Luís Lamela García sobre a represión franquista na Costa da Morte, seguida da proxección de “La red Ponzán”. Os actos de homenaxe incluirán a lectura dos nomes dos represaliados.

As xornadas forman parte dun proxecto máis amplo. En Ponte do Porto instalarase un panel con contexto histórico, a lista de represaliados e o mapa do roteiro, e crearase o Sendeiro da Memoria, unha ruta dixital con realidade aumentada a través da plataforma ONIRIX.

Esta semana

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...

O muíño de mareas de Cereixo, primeiro ben do catálogo do litoral con cambio de uso

A Xunta de Galicia autorizou a concesión que permitirá...

O BNG de Camariñas pide melloras na Grixa, en Ponte do Porto

O BNG de Camariñas urxiu ao goberno municipal a...

En corto

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...

O BNG de Camariñas pide melloras na Grixa, en Ponte do Porto

O BNG de Camariñas urxiu ao goberno municipal a...

Sandra Vilela: «Muxía segue viva tamén no outono»

O Concello de Muxía organizará unha nova edición do...

Un millón de euros para rehabilitar o CEIP San Vicenzo de Vimianzo

A Consellería de Educación impulsará a mellora integral do...

Camariñas inicia a ampliación do cemiterio municipal

O Concello inviste máis de 150.000 euros na construción...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso