“Vimianzo. Comeza a túa conquista” presentouse en Fitur 2026

O Concello de Vimianzo presentou en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en IFEMA, a súa nova campaña de promoción turística baixo o lema “Vimianzo. Comeza a túa conquista”. O proxecto audiovisual ten como obxectivo posicionar o municipio como punto estratéxico e enclave privilexiado desde o que descubrir a Costa da Morte.

A campaña baséase nun vídeo duns noventa segundos de duración, cun ton próximo e enérxico, que presenta Vimianzo como “campamento base” e corazón da comarca, desde onde acceder con facilidade a destinos como Fisterra, Camariñas, Laxe ou Malpica. A proposta aposta por un modelo de turismo tranquilo, sen présas nin masificacións, centrado na autenticidade do territorio.

A través dunha narración inspiradora, a peza convida a “conquistar” a experiencia da Costa da Morte desde a calma, poñendo en valor a paisaxe, a cultura e a gastronomía local. O Concello busca reforzar así a imaxe de Vimianzo como un lugar acolledor, ben conectado e ideal para establecerse varios días e descubrir a comarca.

Durante a presentación, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destacou que “Vimianzo é un lugar para chegar, quedar e desde o cal comezar a descubrir todo o que pode ofrecernos a Costa da Morte”, subliñando a vontade de consolidar o municipio como corazón loxístico e emocional do territorio.

Esta semana

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

En corto

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso