Os socialistas alertan da perda de visibilidade turística de Muxía en Fitur

O PSOE de Muxía criticou este luns a actuación do goberno municipal na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2026, ao considerar que o concello acudiu ao evento sen unha proposta propia de promoción turística.

Os socialistas sinalan que se trata do primeiro ano, tras máis de dúas décadas de presenza continuada, no que Muxía non presentou ningunha iniciativa específica na feira, mentres outros concellos da comarca aproveitaron o escaparate turístico para dar visibilidade aos seus recursos.

Perda de protagonismo en Fitur

Segundo o PSOE, a ausencia de contidos e accións diferenciadas supón unha perda de protagonismo turístico para o municipio, que tradicionalmente mantivera unha presenza destacada en Fitur, especialmente durante anteriores mandatos socialistas, cando se impulsaron presentacións e contactos institucionais co sector.

A formación lembra tamén que o ano pasado se anunciara unha iniciativa promocional, “Percibe Muxía” que finalmente non chegou a celebrarse e considera que a falta de planificación deste ano agrava a situación. Os socialistas advirten do impacto que esta estratexia pode ter na imaxe de Muxía como destino turístico, nun concello cun peso relevante desta actividade económica.

“Un municipio que vive nunha porcentaxe alta do turismo, non pode dar esta imaxe pésima e decadente no principal foro turístico do país e internacional pola incapacidade dun goberno desestructurado e en fase de descomposición”, sinalan desde o PSOE.

Esta semana

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

En corto

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso