O PP insiste na necesidade de incrementar o número de efectivos policiais

A voceira municipal do Partido Popular en Camariñas e deputada autonómica, Paula Mouzo Mas, volveu a denunciar o que cualificou como un “desmantelamento” dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado por parte do Goberno central, unha situación que, segundo afirmou, está a ter consecuencias directas na seguridade da Costa da Morte.

Mouzo insistiu na necesidade de incrementar o número de efectivos da Policía Local e da Garda Civil para facer fronte á sensación de inseguridade que, segundo indicou, se estende entre a veciñanza da comarca e, de maneira especial, no municipio de Camariñas.

A portavoz popular lembrou que non é a primeira vez que a súa formación reclama este reforzo. Hai máis dun ano, o PP levou ao pleno municipal unha moción para frear o que consideran un desmantelamento da Garda Civil no rural, unha iniciativa que foi rexeitada cos votos do goberno local e do BNG.

Nesta ocasión, Paula Mouzo puxo sobre a mesa varios incidentes ocorridos nas últimas semanas, entre eles a agresión a un mozo e a queima dun vehículo en lumes provocados. “Por moito que algúns miren para outro lado, é unha realidade que A Costa da Morte, en xeral, e Camariñas, en concreto, carecen dos servizos mínimos necesarios para garantir a seguridade”, denunciou.

Segundo explicou, a falta de efectivos provoca que durante amplos momentos do día e, especialmente pola noite, zonas rurais queden desprotexidas fronte a delincuentes que coñecen con exactitude a localización dos poucos efectivos dispoñibles. Ante esta situación, Mouzo avanzou que seguirá reclamando máis medios ao considerar que se trata dun asunto prioritario.

FOTO ARQUIVO- Paula Mouzo e Paula Prado durante unha visita a Camariñas

Esta semana

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

En corto

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso