XXVI Festa do Congro de Muxía

O Concello de Muxía vén de presentar o cartel da XXVI


edición da Festa do Congro. O alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla
Benlloch, encargáronse de dar os detalles desta edición na que os eixos principais
son a gastronomía local e a volta ás orixes da festa tradicional.


Despois duns anos post pandemia nos que se tomou a decisión de aumentar o
protagonismo das actuacións musicais nocturnas para axudar a recuperar a
normalidade e dar un impulso á economía local afectada, nesta edición a aposta
volve ser a pura festa gastronómica, centrada na degustación deste peixe tan
arraigado ao municipio.


As persoas asistentes á festa o venres, 29 de marzo, poderán probar diferentes
elaboracións co congro como elemento principal, desde o produto á prancha, ata as
empanadas de trigo e millo, pasando polo aclamado salpicón, un éxito ano tras ano.
A xornada gastronómica terá lugar a partir das 13:00 horas, no porto de Muxía, e
estará amenizada coa música de Xaramiños do Corpiño.

Ademais, o sábado, 30 de
marzo, coa colaboración da comisión de festas da Barca, organízase unha
degustación de mexillón, que terá lugar a partir das 13:00 horas no paseo marítimo.


Exposición de secadoiros de congro


Como novidade, esta edición achega a exposición ‘Secadoiros de Congro’, que
estará dispoñible desde o sábado, 23 de marzo, ata o luns, 1 de abril, na casa das
Beiras. Así mesmo, coincidindo coas datas da exposición, a Casa das Beiras tamén
acollerá unha pequena mostra de artesanía ao vivo.


A entrada mantén o prezo de edicións pasadas, 5 euros, e inclúe a degustación de
distintas elaboracións co congro, pan artesán, viño ou auga e unha cunca
conmemorativa da festa de olería de Buño.

O alcalde, Iago Toba, salientou na presentación “a aposta do goberno local por
rendir unha homenaxe ás nosas orixes e a esta festa, que forma parte da tradición
do municipio e pon en valor un produto arraigado a Muxía como é congro”.

Esta semana

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

En corto

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso