A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda fase das obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca, en Muxía, cun investimento de 415.820 euros. A actuación foi anunciada este mércores pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, durante unha visita ao templo na que estivo acompañada polo alcalde de Muxía,Javier Sar, entre outras persoas.

As obras foron adxudicadas á empresa Aquablue Sistemas Constructivos e contarán cun prazo máximo de execución de nove meses. Esta intervención permitirá continuar e completar o proceso de recuperación do emblemático santuario, un dos principais referentes relixiosos, históricos e turísticos da Costa da Morte e do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

Novas actuacións no Santuario da Barca

Entre os traballos previstos figura a renovación dos recebos interiores mediante revocos de cal, así como a limpeza e restauración dos muros de pedra tanto no interior como no exterior do edificio. Tamén se actuará na reposición de xuntas deterioradas e na conservación das estruturas pétreas.

A actuación inclúe ademais a substitución das once ventás actuais por novas carpinterías de bronce, consideradas máis adecuadas para as condicións ambientais da contorna mariña e compatibles cos criterios de conservación patrimonial. Igualmente recuperarase o pavimento orixinal de lousa granítica da sancristía.

Os traballos abranguerán tamén a revisión dos sistemas de ancoraxe dos púlpitos, a conservación da tarima de madeira do camarín e a actualización das instalacións eléctricas, de saneamento e de protección contra incendios. Outro dos obxectivos será solucionar os problemas de filtracións detectados na cuberta e restaurar diversos elementos construtivos do inmoble.

“Símbolo da identidade de Galicia”

Belén do Campo destacou que esta intervención permitirá culminar a recuperación dun dos espazos patrimoniais máis representativos de Galicia. “O noso obxectivo é garantir a preservación deste santuario, símbolo da identidade e da historia de Galicia”, sinalou.

O proceso de restauración iniciouse tras o incendio rexistrado o día de Nadal de 2013, que provocou graves danos na cuberta e no interior do templo, chegando a colapsar parte da estrutura da nave principal. A primeira fase das obras permitiu consolidar muros e bóvedas, reconstruír a cuberta, restaurar elementos afectados polo lume e renovar instalacións básicas.

O Santuario da Virxe da Barca é un dos enclaves relixiosos máis coñecidos de Galicia. A súa tradición está ligada á lenda da chegada da Virxe María ao encontro do Apóstolo Santiago e ás coñecidas pedras da Barca, elementos fundamentais do patrimonio cultural e espiritual de Muxía.

Esta semana

«Avogato»: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

En corto

«Avogato»: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...

O Concello de Vimianzo normaliza os servizos sociais

O Concello de Vimianzo informou da normalización dos servizos...

PSOE e PP enfróntanse en Muxía pola atención primaria

A situación da atención primaria no centro de saúde...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso